top of page

Cerceda aposta pola dixitalización para modernizar a administración



O Concello de Cerceda súmase á dixitalización e arranca o seu proceso de modernización administrativa ao abeiro do proxecto Concello Dixital da Deputación da Coruña, tal e como anunciou recentemente. O plan municipal durará tres meses e durante ese tempo acometeranse traballos de implantación de novos procedementos electrónicos, accións de formación e optimización dos procesos existentes.


O Concello de Cerceda inicia esta senda da transformación cos deberes xa feitos e moi boa disposición para sumar cidadáns dixitais no seu territorio. Así, a comezos do pasado verán

constituíase no municipio a Oficina de Rexistro Cl@ve na que a veciñanza xa pode obter asúa credencial dixital sen necesidade de desprazarse fóra da súa contorna. O concello,

pola súa banda, presta axuda presencial para guiar aos veciñas e veciñas neste proceso e no uso da Sede Electrónica municipal.

Comments


bottom of page