top of page

Cerceda acende o sábado 9 as luces de Nadal

O Concello de Cerceda anunciou o acendido do alumeado de Nadal, que terá lugar o 9 de decembro. Esa tarde terán lugar varias actividades entre as 16h e as 18:30h. T


oda a veciñanza poderá achegarse á praza do Campo da Feira de Cerceda e á do Campo da Feira das Nenas da Silva, para axudar coa decoración das árbores de Nadal.

Colocaranse os abelorios feitos pola cativada e maiores nos correspondentes obradoiros organizados dende o concello, así como os abelorios feitos cadaquén na súa casa, e queiran achegar para a decoración.


O acendido das árbores será ás 18:30 horas. Durante a tarde haberá chocolate con churros coa fin de colaborar coa Asociación Contra o Cancro de A Coruña. O alumnado de 4ºESO do CPI O Cruce tamén estará cun posto para a colaboración para a viaxe de fin de curso.

Dende o Concello agardan que a veciñanza se achegue a participar desta xornada de inicio de Nadal


Comments


bottom of page