Unha explosión de gas tivo lugar esta mañá na rúa do Recreo de Ordes, deixando catro persoas feridas. O suceso produciuse ás 10h da mañá, sendo inmediatamente alertado o 112 por chamadas de particulares. Unha das persoas feridas, un home de avanzada idade, atopábase no piso afectado e sufriu graves queimaduras, sendo derivado ao CHUAC da Coruña.
Por mor da explosión, o teito desta vivenda derrubouse sobre un local de hostalaría, situado no baixo do edificio, onde se atopaban outras dúas persoas que resultaron feridas. A cuarta persoa ferida, dada xa de alta, é unha nena de 11 anos que se atopaba nas proximidades, informa a Garda Civil. Un dos feridos do bar foi enviado ao CHUS de Santiago. O edificio foi evacuado.
Comments