O Atlética A Silva-Ordes anunciou hoxe que no Campionato Xunta de Galicia de Inverno, Dani Loureiro (sub18) acadou unha cuarta praza no Absoluto de Lanzamentos, ao arrebolar unha xavelina de 800 gramos a 54,04 metros. Pola súa banda, Sara Castelo e Paula Mosquera foron respectivamente 8a e 9a en disco.
En canto ao Campionato de España Máster de Pista Cuberta que tivo lugar en Valencia, o club acadou o bronce para María de los Ángeles Rodríguez Del Río en 400 lisos. A mesma atleta foi 5ª praza en Peso e 6ª en 800 metros.
No Campionato Provincial Campo A Través Escolar, conseguiron a cuarta posición Álvaro Patiño (en sub12) e Juan Loureiro (en sub 14). O equipo sub16 estivo formado por María Estévez, Icía Ares, Vera García e Lara Liste.
Tamén participaron Chanel Penas (23ª BENXF), Adrián Vilariño (30º ALVM), Samuel Fernández e Pablo Ferreiro (53º Y 54º INFM) Antón Prego (73º BJM) e Mateo Liste (74º ALVM).
No Campionato Galego Absoluto de Pista Cuberta, o club acadou tres prazas finalistas. María Aguiar foi 5ª en Salto de Altura e rozou a mínima para o Campionato de España. En 400 metros, con mmp Paula Noya foi 7ª, ao igual que Juan Bello en pértega.
Dani Loureiro e Paula Mosquera foron novenos en lonxitude e peso, respectivamente. Alejandra Souto acadou a 12ª posición en lonxitude. Gloria Pena e Almba Bello foron 22ª e 29ª en 60 metros lisos, mentres que Xaina Abucide fpo 32ª con mmp e Paula Fernández 40ª.
Comments