O local de maiores de Oroso reabriu as súas portas onte despois do peche ao que obrigou a pandemia de COVID-19. A reapertura veu acompañada polo regreso das emblemáticas partidas de cartas, charlas e bos momentos. O local está funcionando de 17h a 20h.
O alcalde de Oroso, Luis Rey Villaverde, amósase satisfeito polo regreso á actividade. "Despois de meses moi complicados, recuperamos pouco a pouco a normalidade; os nosos maiores estiveron moito tempo na casa e con pouca interacción social, polo que necesitaban o contacto social que lles da o seu local", aseverou.
Durante o funcionamento do local hai unha persoa de Protección Civil controlando o acceso e as medidas de seguridade, así como os protocolos COVID-19.
Comments