O Concello de Tordoia informou da convocatoria de axudas destinadas a persoas tituladas universitarias en situación de desemprego que cubrirán a matrícula dun máster universitario oficial ofertado polas universidades do sistema universitario de Galicia no curso académico 2022/23.
A presentación de solicitudes pode facerse a través do formulario normalizado ED421A na sede electrónica da Xunta de Galicia. O prazo de presentación remata o 24 de outubro, e pódese solicitar máis información nos Servizos Sociais Municipais.
ความคิดเห็น