O Concello de Mesía aprobou onte, en base ao Decreto de Alcaldía núm. 352/2020, as bases reguladoras das axudas municipais do Fondo de Financiamento da Deputación Provincial da Coruña para a reactivación económica e social da provincia da Coruña (PEL REACTIVA). O obxectivo é impulsar a actividade económica e o emprego no termo municipal e contribuír á paliar na medida do posible os danos derivados da pandemia da COVID-19 nas microempresas e na actividade das persoas autónomas.
A contía destinadas a atender as solicitudes das axudas é de 36.682,54 €. A Deputación Provincial achega o 80% das axudas, 29.346,03 €. O Concello pon o 20% restante, por valor de 7.336,51 €.
O prazo de solicitude destas axudas iniciarase a partir do día seguinte ao de publicación no Boletín Oficial da Provincia da convocatoria específica de axudas do concello e finalizará ás 14h do 25 de novembro. As solicitudes presentaranse por vía telemática a través da sede electrónica do concello utilizando o formulario normalizado de solicitude dispoñible na sede.
Comments