O Concello de Ordes celebra a XXV edición da súa Carreira Popular o domingo 12 de xuño baixo o control técnico da Federación Galega de Atletismo (Delegación en Santiago), formando parte do VIII Circuíto de Carreiras da Deputación da Coruña. Poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha sola clasificación conxunta. O control técnico das probas estará a cargo do Comité Galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.
O prazo de inscrición rematará o mércores 8 de xuño de 2022 ás 23:59 horas. Os dorsais e os chips recolleranse na Secretaría da Competición sita a carón da Casa do Concello ata trinta minutos antes do inicio da proba correspondente.
Comments