top of page

A xunta investirá máis. e 240.000€ na senda peonil e ciclista na AC-524 entre Pibideira e Abellá


O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, e o alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez, visitaron o tramo da estrada autonómica AC-524 Ordes-Lanzá no que a Axencia Galega de Infraestruturas construirá unha senda peonil e ciclista de 770 metros de longo por 2,5 metros de ancho que conectará o núcleo rural de Pibideiro coa senda da travesía de Abellá. Unha actuación orzamentada en 241.008 euros e que ten un prazo máximo de execución de catro meses.

Ademais de mellorar as condicións de seguridade viaria neste tramo coñecido popularmente como “a costa de Abellá”, favorecerase tamén o acceso dos veciños e veciñas a puntos importantes como son: o cemiterio de Abellá, a Igrexa, a panadería, o supermercado, o campo de fútbol ou o local social, entre outros puntos de interese.

Gonzalo Trenor explicou que con este tipo de actuacións, a Xunta de Galicia busca “fomentar a mobilidade sostible a través da substitución dos vehículos de motor por outros medios alternativos menos contaminantes. Neste caso, falamos dunha mellora da seguridade viaria que fará que moitos veciños e veciñas deixen o coche na casa e transiten de forma segura por esta nova senda e pola xa existente en Abellá”.

Pola súa banda, o alcalde de Frades agradeceu a celeridade da Xunta de Galicia á hora de acometer esta importante mellora da seguridade viaria no municipio. Así mesmo, Rey Martínez indicou que “se trata dunha primeira fase, pois dende o Concello temos a intención de conectar o núcleo da Pibideira co do Peñasco nunha segunda fase que acometeremos nos próximos anos”.

Comentários


bottom of page