top of page

A Xunta entregará este ano unhas 370 axudas do programa Emega de emprendemento para mulleres



O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, xunto co alcalde de Oroso, Álex Doval, visitou hoxe a froitería A Horta en Oroso, un dos establecementos beneficiarios do programa Emega de Fomento do emprendemento feminino. A Xunta prevé aumentar un 10% o orzamento deste ano, para cubrir un total de 370 axudas.

 

Na visita, Trenor recordou que as axudas Emega permiten incrementar a presenza feminina no mercado laboral galego. Apoian a posta en marcha, a mellora e a activación de iniciativas empresariais constituídas por mulleres, así como medidas complementarias para favorecer a conciliación da vida persoal, familiar e laboral, ou o acceso a servizos específicos de información, asesoramento e orientación empresarial.

 

 Para resultar beneficiarias, as mulleres emprendedoras deben liderar  unha microempresa ou pequena empresa validamente constituída e domiciliada en Galicia. Entre outros requisitos, deben manter vinculación laboral co proxecto que, á súa vez, ten que ser viable económica, técnica e financeiramente.

 


コメント


bottom of page