O delegado da Xunta, Gonzalo Trenor, e a alcaldesa de Trazo, Josefina visitaron o núcleo do Castelo para informar que a Xunta e o Goberno local colaborarán para levar a cabo , a execución da rede de pluviais, sumidoiros e cauces, así como a reparación do camiño en Aldea do Castelo.
Estas obras terán un custe de 67.666 euros, dos cales a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, aportará o 70% do investimento, un total de máis de 47.000 euros.
O obxecto da actuación consistirán na canalización das cunetas existentes, a execución de pozos de rexistro e sumidoiros, a roza da vexetación, a reposición dos servizos afectados e o no aglomerado dunha capa de rodadura en toda a superficie do camiño.
As obras levaranse a cabo en terreo municipal polo que non serán necesarias expropiacións e o prazo de execución das mesmas cando de inicio a obra é de 8 semanas.
Trenor explicou que este investimento encádrase dentro da orde de subvencións destinadas á creación ou mellora de infraestruturas nos concellos de Galicia con menos de 20.000 habitantes correspondente a este ano 2021.
O delegado territorial subliñou o compromiso da Xunta á hora de brindar apoio aos concellos co fin de promover actuacións que, coma esta, contribúan a dinamizar as vilas galegas e melloren a calidade de vida dos seus veciños.
Neste sentido, cómpre lembrar que nos orzamentos de 2022 a Consellería de Medio Ambiente reservará máis de 7 millóns de euros para executar actuacións en colaboración cos concellos dirixidas tanto a habilitar ou reformar equipamentos municipais, como a humanizar e poñer en valor as contornas urbanas.
Comments