A Xunta de Galicia anunciou hoxe que incrementará nun 11% as axudas de fomento do emprego de maquinaria agrícola en réxime asociativo, acadando os 7,8 millóns de euros. A convocatoria de axudas publicouse hoxe no DOG. As beneficiarias serán cooperativas as cooperativas agrarias con sección ou servizo de maquinaria, as cooperativas de utilización de maquinaria agrícola en común (CUMA), as cooperativas de explotación comunitaria da terra de cinco anos ou menos ou as sociedades agrarias de transformación nadas da fusión de dúas ou máis explotacións no mesmo prazo de tempo.
As axudas destínanse a cubrir os os custos de adquisición de maquinaria agrícola e os honorarios dos técnicos encargados dos estudos técnicos-económicos de viabilidade do investimento. Pretenden promover o uso de maquinaria e equipamentos de carácter agropecuario en réxime asociativo, impulsar a introdución de novas tecnoloxías no seu emprego e racionalizar os custos de mecanización.
O importe das subvencións será do 35% dos custos, unha porcentaxe que poderá incrementarse ata un máximo do 50% en función de varios criterios. O investimento mínimo para poder recibir axuda é de 20.000 euros.
Comments