A Asociación Nacional de Empresas Distribuidoras de Electrodomésticos ADEN, que agrupa empresas de distribución e vendas do sector, acadou xa as 50.000 toneladas, dende 2015, de refugallos de aparatos eléctricos e electrónicos xestionadas. Garante así a seguridade e trazabilidade destes produtos. Para acadar estas cifras traballan conxuntamente 750 tendas de toda España.
A entrega de selos de ADEN tivo lugar a finais de outubro na Cidade da Cultura en Compostela. Conducido pola actriz Iria Sobrado, recoñeceuse o traballo dunha ducia de establecementos, case todos galegos, onde destaca a tenda Activa Casas Faya en Ordes.
Nos últimos 7 anos, dende a ADEN evitaron a emisión de 67.000 toneladas de dióxido de carbono, recuperándose máis de 28.000 toneladas de material férrico e unhas 7.000 de plásticos.
Comments