Mañá, mércores 18, retómase no Concello de Cerceda a axenda cultural con Pérez e Fernández e un espectáculo de teatro e monicreques para maiores de cinco anos. A tortoise, un can, two monsters e un picnic é un espectáculo interpretado por Victoria Pérez e Manu Fernández, unha sesión de contos en inglés-galego ambientada nun pícnic perfecto onde os obxectos cobrarán vida para axudar no entendemento das narracións, narracións que van ser sinxelas pero cargadas de intención e valores como a empatía, a solidariedade, a fidelidade e o amor.
Para anotarse é preciso chamar aos teléfonos 981685036 ou no 682348556.
Commentaires