top of page

A Casa do Maior de Frades comeza a funcionar en xaneiro


O Concello de Fraded sinalou onte que xa está "todo preparado" na primera Casa do Maior de Frades, 'O Noso Fogar', para a súa próxima apertura en xaneiro de 2022. Agora mesmo atópase aberta a posibilidade de solicitar praza, que se pechará en poucas semanas. Pódese obter máis información nos servizos socias do Concello de Frades (981 695 567) que será quen tramite a solicitude de praza na Casa do Maior á Xunta de Galicia, ou chamando ápromotora desta casa do maior, Susana Rodríguez Mirás , no 660 790 678.

A Casa do Maior está situada na antigua escola de Vistalegre na parroquia de Galegos e terá cinco prazas, que poden ser solicitadas polas persoas interesadas no servizo, sempre que sexan maiores de 60 anos e terán preferencia as persoas que teñan recoñecido un grao I ou II de dependencia.

O horario de atención será de luns a venres de 9:00 a 17:00h ( 8 horas ó día), aínda que dependerá da demanda dos usuarios e usuarias. O servizo é gratuito e inclue o desprazamento, existe tamen a posibilidade de xantar no local pagando 5€ cada día.

As Casas do Maior son "pequenos centros de día gratuitos" subvencionados pola Xunta de Galicia que permiten que os concellos que non contan con este tipo de servizo poidan ofrecer terapias e actividades aos maiores dentro da súa contorna.


Comments


bottom of page