A XV Festa da Merenda de Aiazo volveu cun gran éxito de participación. O tempo acompañou e permitiu a ducias de persoas chegadas de toda a comarca de Ordes ocupar as parcelas da área recreativa de Frades. Houbo grupos de amigos, peñas e familias, tamén chegadas de municipios como Val do Dubra, Melide, Mazaricos ou Carral.
A afluencia de xente foi das mellores que se lle recorda á Festa da Merenda. E, a pesar de que este ano había habilitadas dúas parcelas a maiores para aparcar, en torno ás 14h houbo bastantes colas e houbo moita xente que preferiu aparcar na cotorna da Igrexa e baixar ata a área recreativa.
Ademais da tradicional merenda, volceron os inchables e houbo camións de comida e dúas pulperías. Dende a asociación vendéronse merendas e panos. Ás 18h foi a vez da verbena con Tania Veiras e a París de Noia.
Comments