Os socialistas poñen en evidencia as molestias que aguantan os vecións «despois de meses de molestias, retrasos continuos e dunha obra mal executada e chea de problemas, atopámonos agora de novo coa rúa cortada e con máis obras» e que resumen en novos cortes de tráfico que complican o día a día, veciños e comercios obrigados a soportar máis molestias e un pavimento que xa presenta afundimentos e desperfectos, deixando en evidencia unha auténtica chapuza na execución.
Denuncian que a seguridade nesta zona «deixa moito que desexar». «A praza, tal e como está agora mesmo, é un perigo», afirman no PSdeG-PSOE, xa que «non existe unha separación clara entre espazos para peóns e vehículos, nin pasos de peóns ben definidos, o que xera situacións de risco no día a día».
Os socialistas asixen a creación de pasos de peóns visibles e seguros e unha separación clara entre os espazos de tránsito de vehículos e peóns. «O que debería ser unha mellora para o noso concello converteuse nun exemplo de mala planificación, mala execución e falta de control» aseveran.
Os veciños e veciñas de Oroso «non merecen obras eternas nin traballos que teñan que repetirse ao pouco tempo», din os socialistas, que esixen do Goberno municipal
Dende o PSdeG-PSOE de Oroso esiximos ao goberno municipal explicacións inmediatas sobre o sucedido, solucións definitivas, non simples parches e respecto polos veciños e veciñas, «que son quen está a pagar as consecuencias».