
Visita ás obras de mellora da N-550 co Delegado do Goberno
Nunha escueta nota de prensa, os socialistas de Oroso atribúen ás súas xestións ante a Subdelegación do Goberno a chegada das obras na N-550 ao paso polo Concello de Oroso.
O PSdeG – PSOE orosán lembra que «esta actuación responde a unha demanda histórica da veciñanza, ao tratarse dunha vía fundamental para a mobilidade e a seguridade en Oroso».
Os socialistas agradecen ao Delegado do Goberno e á Subdelegación a súa proximidade, disposición e compromiso para atender esta petición e facer posible o inicio destas melloras. Tamén se comprometen no mesmo escrito remitido á prensa a seguir «traballando para que Oroso avance e para que as demandas da nosa veciñanza teñan resposta».
ACLARACIÓN DE ONDE VEÑEN OS FONDOS PARA AS OBRAS
Os socialistas critican ao alcalde de Oroso de que «cando para as obras veñen dos fondos da Deputación fala de Plan Municipal e cando veñen da Xunta fala de colaboración institucional».
Aclaran que Oroso vai destinar 285000 e do plan de obras e servicios (POS) a reparar varias rúas de Sigüeiro, esta cantidade é do plan adicional do ano 2024. As obras acaban de saír a licitación.
Engaden como dato que:
– Oroso está a recibir inicialmente este ano 2026 Mais de 900.000€
– Anualmente recibe Mais de 1.200.000€
– O que xa leva sumado Mais de 21.000.000€ dende o ano 2017