marzo 4, 2026

Medio Rural e a Asociación Agraria de Galicia reforzan a súa cooperación na prevención e defensa do monte

O director xeral de Defensa do Monte da Consellería do Medio Rural, Manuel Francisco, mantivo o pasado 3 de marzo un encontro de traballo co presidente da Asociación Agraria de Galicia (Asaga), Francisco Bello. Na xuntanza abordáronse asuntos relacionados coa prevención dos incendios forestais e avanzouse nas diferentes vías de colaboración abertas entre a Xunta e esta organización profesional agraria na materia.