O Concello de Frades vén de poñer en marcha desde o pasado día 10 de febreiro unha
nova vía de comunicación coa veciñanza: unha canle de What’s App no que os
veciños e veciñas estarán informados de todas as actividades sociais, culturais e
deportivas do municipio, bandos municipais, convocatorias, avisos relevantes e
novas relacionadas co municipio. Unha información que recibirán de forma
inmediata no seu teléfono móbil todas aquelas persoas que o desexen.
Para poder acceder a este novo servizo, o Concello de Frades dispón 3 métodos
diferentes:
1- Ligazón directa. Facer click e darlle a “Seguir” en calquera destes enlaces
dispoñibles na páxina web municipal ( www.frades.gal ) e nas contas do
Concello de Frades en Facebook e Instagram: https://acortar.link/sJxtA2 ou
https://whatsapp.com/channel/0029VbCHNEN2Jl8EdobY7C3q
2- Código QR. Escanear coa cámara do móbil o código QR que acompaña aos
carteis anunciadores da campaña.
3- Buscador. Abrir o What’s App, ir á pestana de “Novidades” ou “Canales” e
buscar “Concello De Frades”
Nos tres casos, unha vez inscrito, é importante dar un segundo paso: facer click na
campá situada á dereita da páxina para así activar as notificacións e non perder
ningunha actualización que se faga na canle.
Esta canle de What’s App súmase ás demais vías abertas polo Concello de Frades
para comunicarse cos seus veciños e veciñas nos últimos anos, dende a tradicional
revista municipal “Frades, o Concello que ti queres” á páxina web ( www.frades.gal ),
pasando polas contas en Facebook e máis recentemente en Instagram, onde conta
con 4.336 e 1.658 seguidores, respectivamente.
Frades pon en marcha unha canle de What’s App para facilitar as vías de comunicación coa veciñanza