febrero 12, 2026

A Xunta avalía vías de colaboración coa Asociación Forestal de Galicia para mellorar o aproveitamento dos recursos forestais

A directora xeral de Planificación e Ordenación Forestal, Luisa Piñeiro, o 11 de febreiro unha xuntanza de traballo con membros da directiva da Asociación Forestal de Galicia, con que avaliou futuras liñas de colaboración co fin de implementar medidas conxuntas que aproveiten a potencialidade dos bosques galegos.

Esta reunión forma parte da rolda de contactos que está a manter a directora xeral despois da súa toma de posesión a finais do ano pasado. O obxectivo destas xuntanzas é coñecer de primeira man as necesidade deste eido, fundamental para a economía galega, e avanzar en liñas de traballo conxuntas que repercutan de xeito positivo no sector forestal.