Hilario Rodeiro Quinteto presenta o seu quinteto no Teatro Colón da Coruña no marco do Ciclo Maio Jazz, unha das programacións de referencia do jazz en Galicia. O concerto terá lugar o sábado, 23 de maio ás 20:00 horas.
O quinteto, liderado polo baterista e compositor Hilario Rodeiro, propón un jazz contemporáneo que bebe das tradicións de Galicia e o País Vasco, onde reside dende hai 20 anos. O seu último proxecto, «Pausa», é un alegato á calma interior que espertou o interese da crítica internacional e que destaca pola súa combinación dos folclores «coma se se tratase dunha conversa entre o pasado e o presente» (All About Jazz, EE.UU.).
Seleccionados por AIE Artistas en Ruta 2025, o seu álbum recolle unha obra enmarcada completamente na reflexión sobre o tempo e os momentos, «nun dos discos máis introspectivos, fascinantes e misteriosos de 2024» (Más Jazz Digital).
Rodeiro (Ordes, A Coruña, 1981) foi colaborador de artistas como Deborah Carter, Gordon Lee ou Ilja Reijngoud e estendeu as súas composicións ao mundo da danza contemporánea en pezas como Kale Hizketak (Kukai Dantza) ou Luz Negra (Dinamo Danza).
Acompañano: Juan de Diego, trompeta; Eneko Diéguez, saxo alto; Julen Izarra, saxo tenor e soprano e Jon Carranza, contrabaixo.
Datos do concerto
- Lugar: Teatro Colón, A Coruña
- Ciclo: Maio Jazz
- Data: 23 de maio de 2026
- Hora: 20:00 h
- 4,6,8 €