O director xeral de Defensa do Monte, Manuel Francisco, e a directora xeral de Planificación e Ordenación Forestal, Luisa Piñeiro, visitaron o pasado 29 de abeil as instalacións de Finsa en Santiago de Compostela. Alí, avaliaron a posibilidade de establecer novas vías de colaboración para impulsar de xeito conxunto a o sector forestal galego.
Os directores xerais tamén realizaron un percorrido polas instalacións desta empresa, pioneira no aproveitamento de desperdicios de material para fabricar taboleiro aglomerado. Neste sentido, puideron coñecer en primeira persoa o proceso de elaboración destes taboleiros, dende o inicio ata a súa comercialización.
Por último, puxeron en valor o traballo realizado por Finsa, que conta con case un século de experiencia no sector, e que aposta pola innovación nos seus procesos industriais. Sinalaron tamén que empresas coma esta son un claro exemplo da potencialidade que ten o sector da madeira na nosa comunidade.