abril 29, 2026

O Xeodestino Terras de Santiago pon enmarcha unha canle turística de televisión porIP para promover a oferta turística, cultural eempresarial

O Xeodestino Terras de Santiago continúa avanzando nos
obxectivos de dixitalización recollidos no seu Plan de Sostibilidade Turística en
Destino (PSTD) e vén de poñer en marcha a Canle IP Terras de Santiago. “Trátase
dunha plataforma dixital para a promoción conxunta do territorio e da oferta turística,
cultural e empresarial dos once concellos que integran o xeodestino”, destaca
Guarina Rey, presidenta do Xeodestino Terras de Santiago, quen salienta que
“cunha configuración novidosa e un deseño orientado a que sexa doado de utilizar,
este canal incorpora novos widgets informativos que permiten consultar, de forma
áxil e actualizada, os eventos, actividades e recursos dispoñibles ao longo do ano”.
Así, o Xeodestino Terras de Santiago reforza a estratexia de comunicación
territorial, ofrecendo un espazo único onde a veciñanza, os visitantes e os axentes
do sector poidan acceder a información verificada, homoxénea e permanentemente
actualizada. Unha canle á que xa se pode acceder nos expositores instalados nas
casas consistoriais, oficinas de turismo e locais de equipamento público dos 11
municipios do xeodestino: Ames, A Baña, Boqueixón, Brión, Negreira, Padrón, Rois,
Santa Comba, Teo, Val do Dubra e Vedra. Proximamente abrirase o acceso a
través da páxina web do Xeodestino Terras de Santiago.
Incorporación de empresas
Guarina Rey salienta que “queremos consolidar a Canle IP Terras de Santiago
como un instrumento clave para a difusión coordinada da programación municipal e
os atractivos do xeodestino”. Para conseguilo, a canle incorpora tamén un sistema
de alta para empresas da contorna mediante código QR, facilitando así que o tecido
empresarial tamén poida promover os seus servizos e actividades dentro desta
plataforma. “Esta funcionalidade contribúe a fortalecer a visibilidade do sector,

Prensa: Nós Comunicación (981 897 822)
Loreto Vázquez (629 629 852) / Carlos Suárez (618 868 447)

mellorar a integración da súa oferta e favorecer a competitividade do xeodestino no
seu conxunto”, conclúe Guarina Rey.
Coa posta en marcha da Canle IP Terras de Santiago, o Xeodestino segue
avanzando nos obxectivos de dixitalización recollidos no seu PSTD, que xa
permitiron a finais de 2025 dotar aos municipios das pantallas e do equipamento
preciso para poñer en marcha o sistema. De feito, estas televisións pasarán dende
agora a emitir de forma continuada información sobre os distintos atractivos do
Xeodestino Terras de Santiago, dunha forma sinxela, útil e directa. Canda esa
información, tanto o visitante como as persoas residentes terán acceso a todas as
actividades lúdicas, culturais e sociais que se desenvolvan no xeodestino, algo que
beneficiará directamente a todo o sector turístico da contorna: aloxamentos,
restaurantes, empresas de actividades turísticas…