abril 19, 2026

Oroso celebra os 100 anos de aniversario do seu veciño, Francisco de Sopazo

Francisco Sande Couselo medrou nunha familia numerosa xunto aos seus seis irmáns e formou a súa propia familia con Flora, natural de Deixebre. Ao longo da súa vida estivo sempre ligado ao traballo no campo, combinándoo coa súa etapa como traballador en FINSA, ata a súa xubilación aos 67 anos.

Realizou o servizo militar na Coruña, etapa que marcou unha fonda vinculación coa cidade que visitaba cada ano. Dende entón, continúa a súa vida na súa querida Casa de Sopazo, rodeado dos seus.

Pai de Marisa e Carlos, avó de tres netos e bisavó de tres bisnetos, Francisco é exemplo de esforzo, constancia e arraigo á terra.

O alcalde, Alex Doval, visitou a Francisco para trasladarlle os parabéns dos seus veciños e entregarlle unha placa conmemorativa.