abril 7, 2026

O Xadrez Oroso alcanzou varios éxitos no Campionato Galego por idades 2026

Participantes do Xadrez Oroso:

Na categoría sub-10:  Daniela Carrillo Rey, Julio Vázquez Liste e Xián Cabezas Louro.

Na categoría sub-12 : Zaira Campelo Mallo, Noé Vilar Fernández e Manuel Vidal Vázquez.

Na categoría sub-16 :  Enma Campelo Mallo e Laura Carollo Poisa.

Gran traballo de todos eles/as. Na categoría masculina destacamos a Xián e a Noé que quedaron nos postos altos das respectivas clasificacións.

Pero as máis destacadas foron as nosas chicas.  Con Enma como Subcampioa Galega Sub-16, Zaira co bronce en Sub-12 e un excelente 4º posto de Daniela en Sub-10 que leva no xadrez tan só 4 meses.

Curiosamente os podiums nestes Campionatos foron as irmáns Campelo Mallo que subiron nas categorías respectivas.

Sentímonos moi orgullosos da nosa extraordinaria canteira e con moitos deles/as xa na élite do xadrez galego.

O Club felicitou aos «nosos profes Roberto Patiño e Fernando Sánchez polo gran traballo que fan cada semana para acadar estes éxitos deportivos».