febrero 12, 2026

Os socialistas denuncian improvisación e poucas actividades no Nadal en Oroso

Tras observar os eventos realizados durante este Nadal e despois das numerosas queixas recibidas por parte das veciñas e veciños de Oroso, desde o PSdeG-PSOE de Oroso fixeron «unha valoración clara e crítica do acontecido».

Para os socialistas, a Cabalgata foi improvisada, con unha sensación evidente de inseguridade e unha organización caótica, moi afastada do que merecen as nosas familias e, especialmente, os nenos e nenas.

O PSOE orosán considera a programación pobre e mal enfocada, cunha atracción dirixida a un rango de idade moi limitado e coa ausencia dunha carpa durante todo o Nadal, o que provocou que os veciños e veciñas non puidesen resgardarse en ningún momento, nin no acendido, nin nas atraccións nin noutras actividades.

Sobre o acendido do Nadal «si, pero non», nunha praza a medio gas, que nin está plenamente aberta nin cumpre a súa función, deixando unha sensación de “nin si nin non”, critican os socialistas.

Denuncian a desaparición do mercadiño de Nadal, «que en anos anteriores animaba as rúas, atraía visitantes e daba vida ao comercio local». tamén a falta de actividades, que se evidenciou claramente nunhas rúas baleiras, tristes e sen ambiente festivo.

En definitiva, para o PSdeG-PSOE foi «un Nadal vido a menos, que cada ano recibe menos visitantes e que provoca que moitos veciños e veciñas opten por desprazarse a concellos limítrofes para gozar de actividades e cabalgatas. E non o dicimos nós: nolo trasladan os propios veciños», aclaran.

Oroso merece un Nadal planificado, seguro, diverso e con ambición, remataa nota dos socialistas. «Porque o noso concello ten potencial, pero fai falta xestión e vontade para poñelo en valor», conlúen.